Quesoni

Quesoni é unha cooperativa creada no 2016, aínda que os proxectos que a compoñen teñen unha rica traxectoria previa. Formado na súa base pola empresa Quesoni de Cardedeu, fundada no ano 2007 e dedicada aos servizos técnicos (son, e iluminación e produción) , uníronse proxectos que viñan do grupo promotor de iniciativas coma o festival Say it Loud ou Rebelmadiaq Sound System, vinculados a espazos e instalacións da cultura comunitaria ou das festas populares alternativas. O proxecto está situado en La Comunal.

O noso traballo vai dende o son de espectáculos e concertos, até a creación de eventos propios ou de traballo cultural comunitario. Incorporamos en todo isto o acompañamento e xestión artística e os servizos audiovisuais  e do directo. Quesoni ten unha importante experiencia acumulada que fai da cooperativa unha garantía de confianza e fiabilidade nos proxectos en que participamos.

Os obxectivos da cooperativa son a promoción de valores e iniciativas culturais en termos de comunidade e economía social e solidaria, a extensión da práctica cooperativa na cultura e a profesionalización dos servizos técnicos dos eventos do tecido asociativo e dos movementos sociais.

La comunal i Quesoni
Quesoni a La comunal
Quesoni - cultura cooperativa
Riera d’Escuder, 38, Nau 3 planta baixa