Lacol é unha cooperativa de arquitectas creada no 2009 no distrito de Sants de Barcelona. Traballamos para xerar infraestruturas comunitarias para a sustentabilidade da vida, como ferramenta clave para a transición ecosocial, a través da arquitectura, o cooperativismo e a participación.
- Realizamos proxectos de vivenda, especialmente cooperativos, acompañando o proceso de promoción e xestión en todas as fases de deseño, construción e seguimento do ciclo de vida.
- Fabricamos equipamentos e espazos de traballo, poñendo énfase nos destinados á economía social e solidaria.
- Promovemos proxectos máis aló dos límites do edificio e con impacto territorial, que poidan responder a retos urbanos actuais e futuros coma cuestións de envellecemento, saúde, perspectiva de xénero, transición enerxética ou re-naturalización.
Lacol é o equipo de arquitectas encargado do proxecto arquitectónico de La Comunal.