La Ciutat Invisible é unha cooperativa de traballo autoxestionada e a nosa actividade está dirixida a crear e difundir prácticas e contidos críticos que promovan procesos de transformación política e social. Nacemos no 2005 no barrio de Sants e desenvolvemos o noso traballo a través de tres áreas de traballo:
- a libraría e a tenda de roupa: cun fondo especializado en teoría crítica, organizamos presentacións e actividades culturais baseadas nos intereses tanto da cooperativa como da comunidade invisíbel que nos apoia. Ademais, tamén temos un catálogo de roupa para persoas adultas e cativas de algodón orgánico e comercio xusto;
- apoio cooperativo: acompañamos a outras cooperativas en moitos dos seus procesos (creación, transformación, consolidación…) e formamos parte de Coópolis, un compromiso conxunto da veciñanza, as iniciativas da economía social e solidaria e da administración pública para desenvolver un equipamento para promover a economía cooperativa no espazo de Can Batlló;
- investigación e formación: coordinamos o Posgrao en Economía Social e Solidaria da XES e creamos, promovemos e participamos na investigación e estudos relacionados coas economías feministas, o antirracismo, os estudos urbanísticos, a a memoria cooperativa e obreira e a cultura cooperativa.
En La Ciutat Invisible tamén cremos que a intercooperación é unha parte esencial do noso día a día, por iso formamos parte de LaComunal, o espazo cultural cooperativo que compartimos con outros sete proxectos da economía social e solidaria do barrio de Sants.