Jamgo

Jamgo é unha cooperativa tecnolóxica cuxo principal obxectivo é utilizar a tecnoloxía coma ferramenta para promover proxectos con vocación de transformación social. Jamgo naceu coa intención de crear un espazo de traballo diferente que poña no centro valores coma a democracia interna, a transparencia ou a cooperación cos demais. Jamgo é un lugar de traballo onde todos os traballadores son socias da organización e teñen a mesma remuneración. Non hai diferenzas entre unhas socias e outras e quen se incorpora á cooperativa ten exactamente os mesmos dereitos e obrigas que as socias fundadores.

Deseñamos e desenvolvemos dende aplicacións avanzadas até páxinas web, así como todo tipo de solucións tecnolóxicas adaptadas aos nosos clientes. Traballamos con tecnoloxías de programación libre, que favorecen a creación de proxectos colectivos e prescinden de licenzas privadas que só benefician a uns poucos. Para Jamgo, é un dos camiños para construír, entre todos, unha tecnoloxía máis xusta, accesíbel, horizontal e libre, ao servizo da sociedade.

Jamgo – Principais servizos:

  • Desenvolvemento de aplicacións e web. As plataformas web e as aplicacións móbiles son claves para comunicar proxectos, produtos e servizos. Desenvolvemos sitios web construídos á medida, aplicacións web e aplicacións nativas.
  • Deseño web, prototipado e usabilidade: Deseño web pensado para que os usuarios obteñan de forma rápida e sinxela o que buscan. Deseñamos poñendo o foco na “experiencia do usuario”.
  • Programación avanzada: Consultoría, prototipado e desenvolvemento para resolver problemas complexos. A nosa especialidade é o deseño e desenvolvemento de aplicacións informáticas personalizadas. Estudamos os obxectivos, o sector de actividade e as necesidades específicas do cliente e ofrecemos solucións tecnolóxicas personalizadas.
  • Estratexia de posicionamento SEO e análise dixital: Estar ben posicionado nos motores de busca fai que os proxectos aumenten a súa visibilidade e se poidan atopar facilmente. Consideramos a analítica fundamental para medir correctamente os datos e coñecer a eficacia do esforzo investido.

La Comunal é para Jamgo unha oportunidade para transformar xunto con outros proxectos da economía social e solidaria, así como unha oportunidade para construír no corazón do barrio de Sants.