La Deskomunal é unha cooperativa de traballo que se inaugura no ano 2020, mais que recolle a bagaxe de dous proxectos cunha longa traxectoria, o Koitton Club e o Kop de Mà, ambos os dous puntos de referencia no barrio e na cidade de Barcelona. Actualmente formamos parte da cooperativa 9 socias traballadoras e contamos con preto de oitenta socias colaboradoras.
O proxecto ten como obxectivo xerar postos de traballo dignos, ofrecer unha oferta cultural e gastronómica de calidade, e ser un espazo no barrio e para o barrio. La Deskomunal é ao mesmo tempo un espazo musical e cultural en directo e un bar-restaurante que ofrece alimentos de calidade con produtos locais e da economía transformadora, situado en LaComunal.
Queremos ser unha alternativa á explotación laboral nestes sectores tan precarizados coma son a hostalaría e a programación cultural. Entendemos a cultura coma un patrimonio común, un vínculo entre as persoas e unha ferramenta de transformación que debe estar ao servizo dos barrios, dos pobos e do territorio.